Presentación do libro "As Crónicas de Bran"

Multiple dates

Show previous dates

SALA JOANA\'S PLACE

Calle Pondal 4, A Coruña

Contos Estraños Editora presentará o Xoves 7 de Marzo ás 21:00 horas "As crónicas de Bran", unha nova triloxía de fantasía épica con tintes célticos da man de Xosé Duncan. Esta primeira novela leva por título "A revolta dos mestres" e nela o gremio de Mestres de Elawei prepara unha revolta para facerse co poder. Esa guerra interna será a causante dunha frenética viaxe que levará a Bran ás Terras de Alba navegando polas salvaxes correntes do Río Cofí. Superará mil perigos para verse atrapado nunha batalla a morte entre a tribo dos Pictos e as tropas demoníacas da Terra da Nada comandadas por Lord Daru.

Parece pouca cousa para ollos acostumados a ver marabillosas historias de aventuras pero Bran, chamado a herdar o control da cidadela dourada e expulsado do seu fogar polo levantamento dos Mestres, non é máis que un pobre mozo perdido que devece por atopar a súa razón de ser.

E talvez, sexa diso do que trata esta historia. Dun húmido e fresco vento que emerxe do mar e que bate nas nosas facianas para traernos arrecendos, emocións e antigas lendas celtas que pensábamos esquecidas.

Benvidos ás Crónicas de Bran.

Agardámovos no Joana's Place na c/Pondal, nº 4 – 15004 A Coruña, o Xoves 7 de Marzo ás 21:00 horas.

Media content

Related content

Share with friends